Isorna acolle este sábado unha nova edición do seu roteiro poético e do seu recital “O Eixido da Luz”

27 Maio 2026

Este sábado 30 de maio vaise celebrar a VI edición do Roteiro Poético pola Parroquia Rural de Isorna, en Rianxo, que incluirá no seu programa, a partir das 20.00 horas no parque do Souto (Isorna), a terceira edición do recital poético O Eixido da Luz, promovido e coordinado por Xosé Agrelo Romeu (Agrelo de Isorna).

A axenda comezará ás 16.30 horas, cunha xuntanza perante a casa do poeta Faustino Rei Romero, no lugar de A Lagarteira – Isorna.

Ás 17.00 celebrarase a andaina poética até o parque do Souto, con parada “naqueles eidos onde os merlos convértense en compañeiros do poeta”.

Ás 20.00 horas iniciarase no parque do Souto o III Recital de Poesía O Eixido da Luz, que porá un micrófono aberto para as e os participantes no encontro. Cómpre formalizar a inscrición a través do móbil 611 783 760.

O guía do roteiro será Xosé Agrelo Romeu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...