Presentado en Noia o cartel da Festa do Sancosmeiro 2026

26 Maio 2026

A concelleira de Cultura de Noia, Chelo Martínez, acompañou este luns 25 de maio á Asociación Pon un Sancosmeiro na presentación oficial do cartel e da nova edición da Festa do Sancosmeiro, que se celebrará o vindeiro 27 de xuño de 2026 en Noia.

No acto participaron tamén Paula Enríquez, presidenta da nova directiva da asociación; Esperanza Mara, Juan Parga, Ricardo de Barreiro —creador do novo logo da entidade— e Guille Outes, encargado do deseño do cartel desta edición.

Durante a súa intervención, Chelo Martínez puxo en valor a renovación da directiva da asociación e destacou a implicación do Concello de Noia no impulso desta celebración tradicional. A edil asegurou que “o Concello está a colaborar de forma activa coa asociación” e salientou “o orgullo de ver como a cidadanía se implica na promoción da cultura popular e das tradicións propias”.

Pola súa banda, Paula Enríquez destacou o traballo que a asociación está a desenvolver ao longo de todo o ano para consolidar e ampliar a festa do Sancosmeiro. A presidenta explicou que a entidade organiza de maneira periódica obradoiros, foliadas e distintas actividades culturais para manter viva a tradición, formar comunidade e preparar a celebración do 27 de xuño.

Enríquez incidiu tamén na vontade da nova directiva de converter a festa nun punto de encontro para toda a comarca. “Queremos que Pon un Sancosmeiro siga medrando e que a xente o sinta como unha celebración compartida”, afirmou.

O actor e colaborador da asociación, Ricardo de Barreiro, explicou o proceso creativo do novo logo da entidade, unha imaxe coa que se busca “arrancar con forza esta nova etapa” da asociación. Segundo detallou, o deseño representa “os dous lazos negros do Sancosmeiro danzando, coroados por unha monteira e un pano”, nunha “clara referencia aos elementos máis recoñecibles desta tradición”, dixo.

Guille Outes explicou que o cartel desta edición “agocha unha das grandes sorpresas” da festa. O deseño está inspirado nunha canción composta por Juan Parga que será presentada o propio día 27 de xuño e que reivindica o papel do Sancosmeiro como símbolo de unión para toda a comarca.

“O cartel nace desa idea de unión entre a xente e entre os pobos”, sinalou Guille Outes, lembrando ademais un dos versos da composición: “Estes son os sancosmeiros, de Vimianzo ata San Cosme e de Noia ao mundo enteiro”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.