Palmeira e Santiago acolle novos obradoiros de baile do taller Alecrín

27 Maio 2026

O Taller Alecrín ven de poñer en marcha para os días 30 e 31 de maio dous obradoiros de danza jazz e outros dous de lindy hop en colaboración co Concello de Santiago e co Concello de Ribeira como complemento ao seu programa regular de cursos de linedance para singles e baile social para parellas.

A cita do Barbanza será o sábado 30 de maio no Polideportivo de Palmeira, en Ribeira.

A cita compostelá será este domingo 31 de maio na Casa das Máquinas de Santiago.

Ditos obradoiros estarán impartidos pola mestra, coreógrafa e bailarina Neus Castells especialista en danza jazz, lindy hop e balboa de Barcelona, cidade na que actualmente desenvolve a súa docencia en Swing Maniacs, un dos centros de baile máis activos do panorama actual do swing a nivel nacional e internacional.

Danza jazz será a proposta orientada a singles que queiran introducirse nesta técnica de baile que remonta a súa orixe á fusión de influencias que prosperaron no sur de USA a partir do século XVIII e que irrompeu no panorama internacional grazas ao cine e aos musicais a partir da segunda metade do século pasado.

Os obradoiros de lindy hop van orientados a parellas que desexen comezar a bailar esta modalidade ou xa estean a facelo pois é un obradoiro de iniciación no que se amosarán os diferentes principios dos que saen as múltiples variantes que hoxe despuntan en todo o mundo como herdanza deste contaxioso ritmo.

Ámbolos dous obradoiros son para adultos e a inscrición estará aberta ata o venres, 29 de maio. Para calquera información os interesados poden chamar ao Taller Alecrín no teléfono 698 150 432 de 10:00 a 14:00 horas.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...