“La sombra de Carmen” presentarase este venres 29 de maio no Pazo de Goiáns

27 Maio 2026

O Concello de Boiro promove a presentación do novo libro de Manuel Losada La sombra de Carmen, que está prevista para este venres 29 de maio. A concelleira de Cultura, María Outeiral, acompañou ao autor no anuncio da presentación.

O acto de presentación da novela, que está inspirada en Boiro e en veciños e veciñas do municipio, celebrarase este venres 29 de maio ás 20.00 horas no Pazo de Goiáns.

La sombra de Carmen é a segunda parte da novela El banco de Carmen.

O autor adiantou que “se trata da segunda entrega do thriller que vai responder ás intrigas dos lectores”. A concelleira, María Outeiral, convidou á veciñanza a asistir á presentación deste libro “que está ambientado en Boiro e conta con personaxes baseados en persoas do municipio”.

Manuel Losada é un escritor afincado en Boiro e actual referente da literatura galega e de terror en lingua castelá.

La sombra de Carmen desenvolve a súa trama no municipio de Boiro, incorporando escenarios recoñecíbeis e personaxes vinculados á contorna, o que reforza a conexión entre a obra e a realidade local.

Recentemente tamén lanzou El eco de las aguas muertas traslada ao lector ao Incio (Lugo), onde un inquietante misterio desenvólvese ao redor dun balneario cargado de simbolismo.

Ambas as novelas enmárcanse dentro do xénero de misterio e suspense, selo característico do autor, e consolidan o seu estilo narrativo baseado na atmosfera, a tensión emocional e a conexión co territorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...