O Concello de Ribeira saca novamente os bonos AmaRibeira destinando 100.000 euros dentro do plan de fortalecemento do pequeno comercio local. "Cremos que é unha boa medida para dinamizar a economía local e fortalecer o noso pequeno comercio”, sinalou a alcaldesa,...
Ribeira celebra o Encontro das Persoas Maiores con 900 asistentes na Fieiteira
O Concello de Ribeira celebrou este domingo o tradicional Encontro das Persoas Maiores, unha cita na que se deron cita arredor de 900 comensais no complexo deportivo da Fieiteira, habilitado para a ocasión como salón de eventos. A alcaldesa, María Sampedro, e membros...
Os empresarios de Ribeira lembran á Xunta que o concello precisa canto antes un novo polígono
O presidente da AER, Francisco Martínez Gude, nunha foto de arquivo A Asociación de Empresarios de Ribeira, AER, emitiu a través do seu presidente, Francisco Martínez Gude, un comunicado sobre o proxecto do novo polígono industrial de Pedras Vermellas no que mostran a...
A viaxe de Verne cobra vida no Museo do Gravado de Artes
O Museo do Gravado de Artes inaugura unha nova exposición dedicada a Jules Verne. Viaxe ao centro da terra, da man das ilustracións de Ignacio Hernández Suñer, coñecido como Íñigo. A mostra, que poderá visitarse ata principios de agosto, forma parte da...
O BNG reivindica en Ribeira a construción da residencia pública de Coroso
O BNG de Ribeira realizou este sábado unha acción informativa nas rúas da cidade para trasladar á veciñanza a información oficial confirmada polo Goberno do Estado: non existen trabas legais para construír a residencia pública de maiores de Coroso, un proxecto no que...
A Asociación de Amas de Casa de Ribeira organiza o 14 de maio un mercadiño solidario de libros a prol de ASANOG
A Asociación de Amas de Casa de Ribeira, a través do seu Club de Lectura e coa colaboración do Concello de Ribeira, organizará o vindeiro día 14 de maio, de 17.00 a 20.00 horas, un mercadiño solidario de libros na praza do Concello. A recadación obtida irá destinada...
O folclore galego toma a parroquia de Artes co inicio do Bruón Folk Fest
María Sampedro na inauguración do festival O Bruón Folk Fest levantou o pano este venres co obxectivo de facer vibrar a parroquia ribeirense de Artes co folclore galego durante as xornadas do 8 e 9 de maio. A...
A Asociación Francisco Lorenzo Mariño (Aguiño) comparte o seu (completo) programa das Letras Galegas
De esquerda a dereita, Josefa Suárez, Pilar Millet, Elvira Pisos, Rosa Millet e Unai González, directivos da asociación Francisco Lorenzo Mariño. Como vén sendo tradición dende hai 21 anos, a Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño vai organizar unha serie de...
Os empresarios de Ribeira entregan os premios da Campaña do Día da Nai (“Agasalla a Mamá”)
A Asociación de Empresarios celebrou este venres 8 de maio o acto de entrega de premios da Campaña do Día da Nai que se desenvolveu os días pasados baixo o lema Agasalla a Mamá. Foi unha iniciativa posta en marcha pola AER para dinamizar o comercio local e premiar a...
O PSdeG reclama responsabilidades na obra da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño, que segundo din debía estar rematada en maio de 2025
O PSdeG-PSOE de Ribeira vén de presentar por rexistro unha petición ao Goberno local para, segundo fai saber a agrupación, "reclamar que o Concello actúe ante os reiterados atrasos nas obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño, unha infraestrutura que debía estar...
O desafío da remuda xeracional no mar centrou unha xornada na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira
A Escola Náutico Pesqueira de Ribeira acolleu este xoves 7 de maio a xornada xornada técnica do proxecto Relevo Xeracional: O Futuro do Mar, un proxecto promovido polos oito GALP galegos en colaboración cun homólogo do País Vasco. A cita reuniu a representantes da...
A Xunta e a confraría de Aguiño estudan novas melloras portuarias para apoiar ao sector pesqueiro
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou este xoves o porto de Aguiño para manter unha reunión coa confraría de pescadores e avanzar en distintas actuacións destinadas a mellorar as infraestruturas portuarias vinculadas á actividade profesional. Durante a...
Unha trintena de persoas participa no inicio das IX Xornadas Saudables de Ribeira
As IX Xornadas Saudables organizadas polo Concello de Ribeira arrancaron este xoves no Centro Cultural Lustres Rivas coa participación dunha trintena de persoas. A iniciativa, desenvolvida en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, inclúe catro...
O Concello de Ribeira inicia unha campaña de control da velocidade dende A Capela ata A Graña
O Concello de Ribeira iniciará en próximas datas unha campaña de control da velocidade mediante a colocación dun radar móbil no tramo comprendido entre A Capela e A Graña, na parroquia de Carreira, despois de que numerosa veciñanza trasladase que son moitos os...
O Concello de Ribeira e a Fundación Galega Contra o Narcotráfico estudan accións para loitar contra os narcopisos e incrementar as dotacións policiais
A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, reuniuse nesta semana co presidente e xerente da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, Manuel Couceiro e Fernando Alonso, respectivamente, para abrir vías de colaboración de cara a instaurar accións conxuntas, algunhas delas...
O Club da Sostibilidade de APD reúnese en Amicos para coñecer o seu modelo de inclusión e protección ambiental
O Centro de Atención Integral de Amicos (Boiro) acolleu este xoves, 7 de maio, a última sesión do Club de Sostibilidade da Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), un espazo no que directivos e responsábeis de distintas empresas comparten de maneira...
O MUGART colabora cos seus fondos en dúas importantes exposicións en Salamanca e Ausburgo
O Museo do Gravado de Artes (MUGART) colaborou estes días en dúas importantes actividades de cariz internacional. Por unha banda, facilitou cos seus fondos, no Museo del Grabado de Santa Marta (Santa Marta de Tormes, Salamanca), unha exposición de gravados e...
Alarma nun garaxe de Marcial de Adalid en Ribeira por intensa fumareda
O Barbanza Os bombeiros de Ribeira interveñen no interior dun garaxe na rúa Marcial de Adalid Os efectivos do parque comarcal de Ribeira acudiron esta mañá á chamada dunha intensa fumareda no interior dun garaxe con acceso pola rúa Marcial de Adalid. O fume produciuse...
A Gala do Deporte Barbanza Arousa premia aos gañadores do Circuíto Carreiras “Catro Carreiras, Unha Meta”
O Auditorio Municipal de Ribeira acolleu este 6 de maio a Gala do Deporte Barbanza Arousa, un acto no que se recoñeceu aos gañadores e gañadoras das diferentes categorías do Circuíto de Carreiras Barbanza Arousa “Catro Carreiras, Unha Meta”. A cita reuniu a...
A Asociación de Amas de Casa de Ribeira culmina a súa viaxe cultural ás capitais imperiais europeas
A Asociación de Amas de Casa de Ribeira culminou a súa viaxe cultural ás chamadas capitais imperiais europeas. Foi, sinalaron, "unha excelente experiencia na cal participou un numeroso grupo de 52 persoas". Segundo explicaron, o itinerario incluíu visitas a algunhas...
A xuíza Paz Filgueira ofrecerá en Ribeira este venres unha charla sobre a xustiza e a loita contra a violencia machista
A maxistrada Paz Filgueira Fernández protagonizará este venres en Ribeira un faladoiro centrado no papel da xustiza na loita contra a violencia de xénero. O acto, organizado pola Coordinadora Local da Marcha Mundial das Mulleres da Barbanza, celebrarase ás 20.00 horas...
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza convoca unha concentración no Hospital da Barbanza este venres
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza convocou unha concentración para este venres ás 16.30 horas diante do Hospital da Barbanza coincidindo cunha reunión prevista cos responsables sanitarios. Segundo informou o colectivo, á xuntanza acudirá unha...
A XII Carreira pola Diversidade aprázase polo mal tempo e celebraráse noutra data
A organización da XII Carreira pola Diversidade, promovida por Asociación Ambar, anunciou o aprazamento da proba deportiva prevista para este 10 de maio debido ás previsións meteorolóxicas adversas. Segundo informou a entidade nun comunicado emitido este 6 de maio, a...
Falece de parada cardíaca unha muller no porto de Ribeira
O porto de Ribeira volve estar de loito este mércores. Este 6 de maio a primeira hora da mañá unha das persoas usuarias das instalacións portuarias deu aviso ao 112 pola presenza dunha muller indisposta nas instalacións do porto. Resultou ser unha veciña de Ribeira de...
María Sampedro e Román Rodríguez abordan a mellora das infraestruturas dos centros educativos de Ribeira
A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, reuniuse nesta semana co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para abordar a mellora das infraestruturas dos centros educativos do termo municipal. Neste senso, o representante da Xunta de Galicia informou de que comezarán...
O voluntariado do programa Plancton (Afundación) retira 3.000 exemplares de invasoras do Parque Natural de Corrubedo
Afundación (Abanca) organizou este mércores 6 de maio unha nova xornada do programa PLANCTON no Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo, con máis de 30 persoas convocadas a través do voluntariado Actúa intervindo na contorna do dito complexo ambiental. Grazas ao...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“¿Constructor o victima?”. Manuel Dominguez III
¿Constructor o victima? Hay quien dice no se puede luchar contra el mundo, asi pues no hace y deja hacer. Hay aprendices de filosofía de militancia obreril en el sentido de fijo discontinua. No se puede hacer nada, así pues para no sufrir aceptar y dejar hacer. Son...
“Familia vulnerable en Ribeira”. José Manuel Pena
Lo cierto es que los desahucios, por vivienda habitual, se continúanproduciendo en Ribeira, en el Barbanza, en Galicia, en España y en Europa.Lo peor de todo es que, en demasiados casos, hay una falta de compromisode las Administraciones Públicas para garantizar, en...
“Cerrado por vacaciones y decidiendo a través del plasma”. Javier García Sánchez
Los que ha acontecido este verano en Ceuta en plenaeuforia vacacional de los españoles, que pormillones paralizaron sus trabajos para disfrutar dedías vacacionales y de asueto, es algo muy grave.Han sido días en los que el presidente del Gobierno,Pedro Sánchez,...
“Axexan milleiros de ollos que só contemplan águias e camisas azuis”. Antón Luaces
Xa cho dixen: Franco morreu o 20 de novembro de 1975. Mais segue vivo un franquismo que era solapado e silandeiro e que agora renace en moitos que calaron uns anos e os que hoxe reviven a eclipse dun sol de bandeiras ao vento coa camisa nova que bordaron en roxo cando...
“Tempo de cambios”. Xulio Xiz
Falando a un grupo de non galegos da Galicia rural dos sesenta, cando mencionei as zocas, unha das rapazas preguntou qué eran. Expliquei que daquela no rural os zapatos eran para as festas, as zocas eran o calzado dos meus avós na aldea, e para ir a feiras ou festas o...



























