O Taller Alecrín organiza novos obradoiros de baile en Noia, Santiago, Ribeira e A Pobra

04 Xullo 2026

Lola López, presidenta da Asociación Cultural Taller Alecrín e Francisco Muñiz, director técnico e pedagóxico da mesma presentaron este venres 3 de xullo a nova tempada 26-27 de Alecrín, baixo o lema O Baile é Vida. Será sinalaron, “unha nova aposta por amosar o baile como actividade que fomente hábitos saudábeis e axude á socialización”

Haberá promocións para adultos, maiores e escolares; obradoiros regulares e monográficos de linedance para singles e actividades de baile social para parellas, ademais dun variado programa de actividades que completan a oferta que o Taller Alecrín ten programados nesta nova edición que se desenvolverá ata finais de xuño de 2027.

A nova tempada materializarase a través de convenios con diferentes concellarías dos concellos de Noia, Santiago, Ribeira e Pobra, ademais doutras entidades públicas, privadas ou asociativas xunto co traballo e a participación desinteresada das socias e socios sustentan o peso da meirande parte deste singular proxecto.

A presente edición arrancará co programa Obradoiros de Verán 2026 no que o Taller Alecrín desenvolverá dezaseis xornadas de obradoiros para adultos nas comarcas de Barbanza, Caldas e Santiago:linedance para singles de 20:30 a 21:30 e Baile Social para parellas de 21:30 a 22:30, con ou sen experiencia, nun intento de compartir o seu baile con socios e achegados nestas datas estivais.

A asistencia a estes Obradoiros de Verán 2026, que estarán en marcha dende o 6 ata o 23 de xullo, é totalmente gratuíta previa inscrición no teléfono 698 150 432 que o Taller Alecrín ten a disposición dos usuarios de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.