Ribeira sacará en procesión a San Cristovo este 12 de xullo con homenaxe a Os Reventapistóns

07 Xullo 2026

San Cristovo é o patrón dos viaxeiros, condutores e transportistas e, na busca da súa protección, o Concello de Ribeira, a Asociación Cultural Alfaia e a parroquia de Santa Uxía, xunto ao Motoclub Os Reventapistóns, organizan para o 12 de xullo unha xornada especial segundo deron a coñecer o concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes; o párroco, Alfonso Mera; e María José Carreira, en representación de Alfaia.

“Nesta fin de semana teremos unha celebración que congrega a gran número de persoas do noso municipio e que xa é unha tradición. Honraremos a San Cristovo cun oficio relixioso, bendición e percorrido dos turismos dos fieis que buscan o seu amparo”, en palabras do edil.

As actividades comezarán ás 10.00 horas coa concentración de vehículos no recheo do Malecón para, ás 11.00 horas, asistir á actuación do grupo de gaitas Xiada que amenizará unha parte da mañá.

Xa ás 12.00 horas oficiarase a misa solemne na igrexa parroquial de Santa Uxía na memoria das persoas falecidas en accidentes de tráfico e en especial homenaxe ao Motoclub Os Reventapistóns. Ao remate, a imaxe de San Cristovo sairá en procesión dende a praza de Porta do Sol ata o recheo do Malecón, acompañando a comitiva o grupo de gaitas Xiada e o motoclub homenaxeado. Unha vez na explanada portuaria, farase a tradicional bendición co posterior
percorrido de vehículos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.