O MUGART celebra esta fin de semana un novo Obradoiro de Gravado

03 Xullo 2026

Esta fin de semana, dende este venres 3 de xullo ata o domingo 5 de xullo, o MUGART (Museo do Gravado de Artes) vai celebrar un novo Obradoiro de Gravado, desta volta adicado ás técnicas do litogravado e a augaforte.

Nesta ocasión participan 13 alumnos/as de distinta procedencia: A Coruña (Ribeira, Ames, Santiago), Lugo, Pontevedra Madrid, Cáceres, Salamanca. A entrega de diplomas do curso terá lugar o domingo, 5 de xullo, ás 13.30 h no taller do Museo do Gravado.

O obradoiro será impartido polos profesores da Universidade de Salamanca (Instituto de Investigación en Arte y Tecnología de la Animación USAL) Isabel Carralero, José Fuentes Esteve e Antonio Navarro.

Neste curso, os artistas participantes poderán experimentar, en claves de creación persoal, un novo proceso de gravado que o seu autor, José Fuentes, chamou litogravado. Este proceso deuse a coñecer na súa tese doutoral no ano 1985. Trátase dun proceso de gravado que achega unha nova forma de obter imaxes gravadas sobre cobre a partir dun debuxo realizado directamente sobre o mesmo. O carácter gráfico das imaxes obtidas a través deste proceso é moi similar ás do debuxo litográfico sobre pedra, de aí o seu nome. As imaxes créanse debuxando cun lapis graxo sobre o cobre que foi previamente tratado para que o lapis se adhira e o trazo proporcione unha ampla gama de tons. Este proceso inspirouse no debuxo litográfico, pero ao tratarse dun proceso de gravado, “adquire unha dimensión distinta que parte da singularidade da súa natureza técnica, é dicir , de como se crea a matriz e de como se imprimen”, sinala o MUGART, engadindo que “o debuxo directo sobre o ferro de cobre permítenos crear imaxes de debuxo fresco e directo, pero tamén se poden obter imaxes elaboradas onde a textura e as tonalidades determinen a imaxe”.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.