Lorenzana di que a finais de ano licitaranse as obras de construción do novo polígono de Ribeira

07 Xullo 2026

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou este martes 7 de xullo que a previsión da Xunta é que a finais deste ano “poidan estar licitadas as obras de construción do novo polígono de Ribeira”. Fíxoo logo de asinar no Centro Cultural Lustres Rivas un protocolo coa alcaldesa, María Sampedro, para actualizar o proxecto de urbanización.

Segundo explicou, o Concello, promotor desta actuación, “tramitou o planeamento urbanístico, obtivo os terreos incluídos no ámbito e contratou a redacción do proxecto de urbanización”. Porén, lembrou que “cando a sociedade de Xestión do Solo de Galicia (Xestur) comezou a analizar a futura contratación e execución destas obras constatouse que a documentación —a pesar de que resulta válida como base urbanística— precisaba dun maior grao de desenvolvemento e definición técnica polas dimensións e complexidade dos traballos que se van acometer”.

Lorenzana apuntou que “este protocolo é un paso previo para a formalización do convenio que regulará con maior detalle as obrigas e compromisos de ambas as dúas partes, e é necesario para que Xestur —a entidade que asumirá a contratación, financiamento e execución deste polígono— tamén se encargue da actualización do proxecto de urbanización”.

De acordo a este documento, sinalou, “o que se vai facer é actualizar, entre outras cousas, os estudos topográficos e xeotécnicos, as medicións, as solucións construtivas, as redes de servizo, o orzamento de execución e, no seu caso, a programación por fases da actuación”. A conselleira engadiu que todos eses traballos van ser contratados e financiados por Xestur, unha vez que conten co visto bo do Concello.

Logo, cando sexa asinado o protocolo, publicarase nos seguintes días a licitación no perfil do contratante de Xestur, “coa previsión de ter xa ese documento actualizado antes de que finalice 2026, posto que o prazo previsto é de tres meses desde a adxudicación”, sinalou a conselleira, engadindo que “entón a Xunta procederá a licitar as obras, tamén previsiblemente neste mesmo ano”.

“Iniciamos a contratación desa modificación do proxecto, que ten tres meses desde a adxudicación e calculamos que a finais deste 2026 -explicou a conselleira- xa estaremos licitando as obras de acordo a ese proxecto xa adaptado”.

Tal e como manifestou, “é un día importante para o desenvolvemento industrial de toda a comarca e de Ribeira en particular, onde se constata que hai demanda de solo empresarial, nun concello que o ten todo para seguir avanzando desde o punto de vista económico”.

Serán case 260.000 m² de solo industrial, preto de 26 hectáreas, que están dentro dos máis de 3,5 millóns de m² que a Xunta está a tramitar na provincia da Coruña. A Fase C do Parque Empresarial de Morás (Arteixo); a expropiación dos parques empresariais de Bértoa (Carballo) e Coristanco; o novo parque empresarial de Cabana de Bergantiños; a ampliación do parque empresarial da Sionlla (Santiago de Compostela); a nova Plataforma Loxística Empresarial e Portuaria de Mandiá (Ferrol); ou a ampliación do polígono de Merelle (Ordes).

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.