Ribeira habilita un aparcamento disuasorio na zona dos Mosqueiros, en Castiñeiras

03 Xullo 2026

Esta área estará operativa todo o ano.

Na senda de favorecer o estacionamento para evitar a conxestión de vehículos en determinadas zonas do municipio, que se agudiza durante o verán nas proximidades ao litoral, o Concello de Ribeira habilita un aparcamento disuasorio na zona dos Mosqueiros, na parroquia de Castiñeiras, que estará en funcionamento nos vindoiros días.

Para a materialización desta medida, a Administración local ribeirense alugou unha finca de máis de 2.000 metros cadrados para proceder coa súa adecuación, nivelado do terreo e acondicionamento da entrada.

Trátase dunha área que estará operativa todo o ano para así poñer a disposición da veciñanza espazos para o estacionamento dos seus turismos como xa se está avaliando noutras parroquias do concello.

O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, explica que “damos así resposta a unha necesidade que se intensifica durante o verán, pois cada vez son máis as persoas que visitan o noso municipio durante o verán para, entre outras cousas, desfrutar das nosas praias. Isto supón un maior volume de turismos para estacionar nas zonas próximas á costa, o cal tamén repercute nos nosos veciños e veciñas. Por iso, dende o Concello de Ribeira poñemos en marcha esta medida en Mosqueiros, a cal non só se limita ao verán, senón que estará operativa todo o ano”.

C.R.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.