Ribeira incorpora como novidade á súa oferta turística de verán as actividades de turismo mariñeiro

03 Xullo 2026

Haberá roteiros das artes de pesca e da conserva e da salazón

O Concello de Ribeira debulla polo miúdo o contido dunha das novidades da súa programación turística para este verán: as actividades de turismo mariñeiro.

Esta acción desenvolverase nos días 10 e 15 de xullo e 8, 14 e 22 de agosto, con saída do porto a bordo dun barco bateeiro adaptado coa empresa Bluscus, con degustación a bordo incluída. As opcións son o roteiro das artes de pesca focalizado na ameixa, se ben se coñecerá o marisquero a flote, as nasas e o cerco da man de profesionais do mar, de 11.00 a 13.00 horas; e o roteiro da conserva e da salazón, de 16.00 a 18.00 horas, para descubrir a historia da industria da saladura e da conserva, contemplando dende o mar os antigos espazos que marcaron o desenvolvemento mariñeiro. Ambos con contido explicativo. Os grupos serán de 10 persoas que, se queren, terán ocasión de visitar unha fábrica de conservas e a lonxa.

O prezo é de 30 euros por persoa adulta e de 15 euros para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 12 anos. As inscricións realizaranse na OMIC, situada no Malecón, e o pago efectuarase con tarjeta bancaria.

A concelleira de Turismo, Ana Barreiro, xunto á representante da empresa Bluscus, Rocío Salgado, explicou que esta medida “enmárcase na estratexia turística que temos marcada para este verán coa que queremos apostar polas experiencias na natureza, especialmente, nas contornas mariñas. Temos un municipio para desfrutar da súa serra, da súa costa e dos seus pobos. E non son só actividades pensadas para quen nos visita no período estival, tamén son actividades para que a nosa cidadanía redescubra o lugar no que vive dende outra perspectiva e goce de momentos de lecer sen ter que saír de Ribeira”,

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.