O Concello de Ribeira saca a licitación a iluminación decorativa do Nadal para dúas anualidades

02 Xullo 2026

O Concello de Ribeira traballa xa coa vista posta no Nadal e saca a licitación o servizo de subministración, instalación e mantemento da iluminación desta época festiva para o período 2026-2027 e 2027-2028, comprendendo así dúas anualidades e podendo prorrogarse por dúas máis nas mesmas condicións. Fontes do Concello explicaron que “estes elementos ornamentais luminosos contribúen ao embelecemento e ambiente festivo das rúas, así como a promoción e o fomento da economía local, especialmente, do pequeno comercio e a hostalaría como sectores empresarias estratéxicos para o municipio, pois supoñen un alto porcentaxe das vendas dos negocios”.

Colocaranse máis de 450 elementos luminosos (arcos, árbores cónicas, motivos laterais, photocall luminosos, figuras volumétricas…) en todo o municipio, tanto no centro urbano coma nas parroquias. En consecuencia, increméntase a decoración respecto doutros anos co obxectivo de dotar de maior viveza a todo o termo municipal nesas datas.

O orzamento anual é de 228.484,30 euros, cos impostos incluídos. As empresas interesadas dispoñen ata as 23.59 horas do 3 de agosto para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.