A terceira xuntanza de esculturas de area iníciase na praia do Porto coincidindo coas festas de Aguiño

07 Xullo 2026

O Concello de Ribeira promove a terceira xuntanza de esculturas de area que conta coa colaboración de diversas empresas locais. Esta primeira cita para o verán de 2026 desenvolverase no 11 de xullo, de 16.30 a 20.30 horas, na praia do Porto, coincidindo coas festas de Aguiño, tal e como desvelaron o concelleiro de Mar e Promoción do Litoral, Fernando Abraldes, xunto ao coordinador da actividade por Píntega das Dunas, José Antonio Paz; e a presidenta de Ágape, Ana Ruth Arnoso.

Trátase dunha actividade dirixida a rapazada con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, xunto ás súas familias. “Damos continuidade a esta actividade debido ao seu éxito cada verán e xa estamos traballando en novas xuntanzas noutros areais do noso municipio. Esta é unha forma diferente de poñer en valor o noso litoral cunha actividade lúdica dirixida aos máis pequenos, para que teñan oferta de ocio a desenvolver en conxunto coas familias. E, ademais,
potencia a súa creatividade ao botar man da inventiva para crear figuras vinculadas ao mar. A praia do Porto estará tomada neste 11 de xullo polos seres que xuran da imaxinación da nosa rapazada”, explicou o edil.

As esculturas unicamente poderán ser realizadas con material e utensilios propios da praia como caldeiros, pas ou rastros e só se permite a auga como método para aglomerar a area. O equipo de Ágape exercerá de xurado das esculturas, repartindo tres premios elaborados por SonAgasallo ás mellores creacións e outras novidades en canto a distincións que serán desveladas no propio día do evento. As inscricións realizaranse na oficina de Turismo con teléfono de contacto 981 873 007.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.