O obradoiro de emprego ‘Tahume XI’ de Ribeira e Porto do Son avanza cara á súa fase práctica

02 Xullo 2026

Un total de 20 persoas desempregadas fórmanse desde xuño nas especialidades de carpintería e sector forestal.

O obradoiro de emprego Tahume XI, un proxecto impulsado conxuntamente polos concellos de Ribeira e O Porto do Son, avanza a bo ritmo desde a súa posta en marcha o pasado mes de xuño. Nas súas primeiras semanas de actividade, un total de 20 persoas comezaron xa a recibir a formación teórica necesaria para reorientar o seu futuro profesional.

Durante este período inicial, o alumnado encamiñou a súa aprendizaxe nos módulos teóricos das especialidades de carpintería e forestal. Ademais, completouse con éxito o módulo de educación ambiental e atópase na súa recta final a formación en materia de igualdade.

Na actualidade, os participantes están focalizados na prevención de riscos laborais, un paso transversal e fundamental que permitirá iniciar, en vindeiras datas, a parte práctica coas máximas garantías de seguridade.

Un impulso á inserción laboral e ao beneficio social

A concelleira de Promoción Económica de Ribeira, Carmen Pérez, destacou a relevancia deste programa para a contorna:

“Trátase dunha boa oportunidade para aprender ao mesmo tempo que melloran as perspectivas de inserción no mundo laboral. É un obradoiro xa consolidado en ámbolos municipios que foi todo un éxito nas edicións previas. E, ademais de ter un forte impacto no alumnado, redunda positivamente no conxunto da sociedade ao facer as prácticas en mobiliario e espazos públicos.”

Dinámica do programa e contidos formativos

O obradoiro Tahume XI ten unha duración de nove meses e basea a súa eficacia nun modelo mixto que combina a teoría co traballo efectivo. O obxectivo prioritario é mellorar a empregabilidade dos participantes a través de catro módulos profesionais específicos:

  • Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble.
  • Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais.
  • Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.
  • Traballos de carpintería e moble.

Como complemento á aprendizaxe técnica, o plan formativo inclúe disciplinas transversais clave para o mercado de traballo actual, tales como competencias dixitais, orientación laboral, autoemprego, medio ambiente e igualdade.

Esta iniciativa de emprego conta cun orzamento de 546.552 euros, financiados grazas ao apoio da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.