O Liceo Marítimo de Ribeira promove a terceira mostra de modelismo naval, que inclúe unhas 60 maquetas

06 Xullo 2026

Unhas 60 maquetas integran a terceira mostra de modelismo naval que promove o Liceo Marítimo de Ribeira coa colaboración de varias entidades, entre elas, o Concello.

Barcos viquingos, pesqueiros, embarcacións tradicionais ou navíos a vapor son algúns dos modelos que poderá contemplar o público a pequena escala do 11 de xullo ao 4 de agosto nas propias instalacións do Liceo como deron a coñecer a concelleira de Cultura, Ana Barreiro; o edil de Mar, Fernando Abraldes; o presidente do Liceo, José Gude; e o modelista e organizador, Manuel Sampedro.

A titular de Cultura manifesta que “esta é unha forma máis de expresión artística levando a pequena escala algunhas das embarcacións que marcaron as nosas singraduras por mar, con moita rigorosidade e unha técnica moi pulida”.

Pola súa parte, o responsábel de Mar gabou este tipo de iniciativas que “poñen máis en valor a nosa relación histórica co medio mariño e o público asistirá non só a contemplar o talento dos modelistas, senón que tamén a unha liña cronolóxica de como evolucionaron as travesías náuticas”.

O acto inaugural será no sábado, 11 de xullo, ás 13.00 horas, e as visitas poderanse realizar de luns a venres, en horario de 09.30 a 14.00 e de 17.30 a 20.00 horas, así como sábados, domingos e festivos, dende as 10.00 ata as 14.00 horas. Se ben a entrada é libre, recolleranse donativos para a Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.