Na mañá deste venres 3 de xullo chegou ao seu remate a edición 2026 da campaña Cos Avós non Comercio de Ribeira,impulsada pola Asociación de Empresarios de Ribeira (AER). O punto e final da campaña incluíu no seu programa varias actividades interxeneracionais e diferentes actuacións musicais. Ademais, a asociación repartiu numerosas bolsas cos tíckets de compra dos comercios asociados e ademais de chapeus entre as persoas asistentes.

Ao finalizar, a AER realizou o sorteo de 300 euros en vales de compra, repartidos en tres premios de 100 euros cada un, entre as persoas que participaron rexistrando os seus tíckets de compra nos comercios asociados da entidade.
As gañadoras foron Ana Martínez, por unha compra en O Capricho; Eva López, por unha compra en Óptica Ribeira; e Lucía González, por unha compra en Marlem Kids.

A asociación agradeceu a implicación de todas as persoas que nos acompañaron, “especialmente aos usuarios de AGADEA, aos residentes e profesionais da residencia de maiores e a todos os veciños e veciñas que compartiron connosco esta celebración dedicada aos nosos avós”, sinalou a patronal, qu tamén tivo palabras de agradecemento para Mimarte e Bailadela polas súas actuacións, que encheron a praza de música, baile e alegría, “e a todos os comercios asociados pola súa participación nesta campaña e por suposto a todos os clientes e clientas que confían non comercio local para facer as súas compras”.
Desde a asociación fixeron un balance “moi positivo” desta iniciativa, que lle permite render homenaxe aos nosos maiores e, ao mesmo tempo, seguir fomentando as compras no comercio local.
Foi unha actividade co-financiada pola Xunta de Galicia.



