O Concello de Ribeira convoca as axudas económicas individuais para favorecer a autonomía persoal

04 Xullo 2026

O Concello de Ribeira convoca as axudas económicas individuais para favorecer a autonomía persoal, a mellora da accesibilidade e o apoio ao respiro familiar. Estas achegas por importe total de 35.000 euros, financiados a través do POS para gastos sociais da Deputación da Coruña, teñen por obxecto “mellorar o día a día das persoas perceptoras e a súa máxima integración, mellorando o seu benestar e favorecendo a súa mobilidade, comunicación e participación na vida social e económica da súa contorna”, explica o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño.

Establécense dúas liñas de axudas: as axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a mellora da accesibilidade, dotada con 25.000 euros; e os servizos para o respiro e a conciliación familiar a unidades de convivencia, con 10.000 euros. As persoas que se poden beneficiar son aquelas que teñan recoñecida a situación de dependencia e/ou discapacidade e que reúnan os seguintes requisitos:

-Estar empadroado/a e ter residencia efectiva no municipio de Ribeira durante seis meses inmediatamente anteriores e continuados á data de presentación da solicitude.

-Que a renda per cápita da unidade de convivencia da que forma parte o solicitante non supere o 125% do IPREM establecido para o
ano 2026, incluíndo as pagas extraordinarias. Cando a unidade familiar estea formada por dous membros, este límite será elevado ata o 150% do IPREM e, cando estea formada por un só membro, ata o 175% do IPREM.

O prazo para presentar as solicitudes é de dous meses a contar dende esta mesma semana cando se publicou a presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O trámite pode formalizarse na sede electrónica municipal, na Oficina de Atención Cidadá ou no Departamento de Servizos Sociais. Para calquera dúbida ou información, é preciso pedir cita a Servizos Sociais.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.