Co comenzo de xuño a comarca empeza a recuperar as festas e encontros que serán a tónica durante todo o verán.Esta fin de semana a parroquia ribeirense de Carreira celebra a festa da Virxe da Guía Paralelamente este sábado dentro das Festas de Carreira celebrase a...
En Ribeira un control policial sáldase con dous conductores denunciados
A Policía Local de Ribeira, en colaboración co Corpo Nacional de Policía levou a cabo un control preventivo de alcol e drogas na madrugada do xoves ó venres.Os axentes situáronse na Avenida do Malecón, á altura da estación de autobuses. O control deu comezo contra a...
En Boiro convocado un proceso selectivo para unha lista de animadoras/es socioculturais
O Concello de Boiro convocou un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego temporal de animadores/as socioculturais. O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os nomeamentos realizaranse como funcionario/a interino. As persoas...
O youtuber OlaXonMario achegará á rapazada de Boiro unha charla sobre diversidade sexual
O Concello de Boiro, a través da área de Igualdade, celebra este mes o Día Internacional do Orgullo LGTBI (28 de xuño) cunha serie de actividades. A primeira das propostas será unha charla co youtuber OlaXonMario (natural de Boiro e seleccionado como mellor creador na...
O Festival de Cinema Escolar Olloboi reivindica a “ilusión do cinema” na súa nova edición, o 10 de xuño en Boiro
O vindeiro 10 de xuño o novo audiovisual galego (novo en todos os sentidos do termo) toma a palabra na nosa comarca. Farao a través da edición 2022 do Festival de Cinema Escolar Olloboi, con sede en Boiro. Este xoves 2 de xuño presentouse o programa da nova...
50 establecementos do Barbanza adheridos o bono turístico “Quedamos en Galicia 2022″
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, valorou esta mañá a excelente acollida que está tendo esta nova edición do bono turístico “Quedamos en Galicia” que, polo de agora, ten adheridos 50 establecementos da comarca do Barbanza.O delegado territorial subliñou...
O Concello de Boiro impulsa a empregabilidade do alumnado do Obradoiro de Emprego
A xunta do Goberno local do Concello de Boiro aprobou as bases reguladoras de incentivos á contratación do alumnado traballador participante no Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns – Boiro, con vistas a favorecer a súa empregabilidade. As persoas...
Boiro convoca bolsas para deportistas de carácter individual
O Concello de Boiro ten aberto o prazo de solicitude de bolsas para deportistas federados 2021, unha liña de axudas que ten como obxectivo promover e difundir aqueles deportes que teñen un carácter individual e que requiren unha dedicación de alto nivel. A concelleira...
Máis de 20 persoas asistiron na ABE a unha nova xornada sobre as oportunidades empresariais no rural
A ABE acolleu esta semana unha nova edición das súas Xornadas Inspiradoras, baixo o lema Hai futuro! Novas oportunidades para a empresa rural. Participaron unhas vinte persoas traballadoras autónomas. Veu da man de APE Galicia en colaboración coa Xunta, a Asociación...
O ciclista júnior Roi Jorge Vázquez imponse no DHI Porto de Mós, proba puntuábel para a Taça de Portugal
M.A.- Roi Jorge Vázquez, rider nado en Lousame, vén de acadar a primeira posición en categoría júnior no DHI Porto de Mós de Portugal, quinta e última proba puntuábel da Taça de Portugal Downhill, celebrada a pasada fin de semana. A carreira contou coa presenza dos...
Convocado en Boiro un proceso selectivo para contratar persoal técnico de turismo
O Concello de Boiro convocou un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego temporal de técnicos de turismo. O proceso materializarase mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral...
O Concello de Boiro abre o prazo para participar no Campamento Concilia de Verán 2022
O Concello de Boiro abre esta semana (o mércores 1 de xuño) o prazo de inscrición para participar no Campamento Concilia de Verán 2022 que desenvolve a Concellería de Educación. O prazo será de 10 días e a solicitude e a documentación deben presentarse no Rexistro...
Valentín González Formoso, participa en Boiro nunha xuntanza dos socialistas da comarca de O Barbanza
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, confirmou hoxe que ten recibido a invitación da xuntanza co presidente da Xunta, que se celebrará “nos próximos días” e á que acudirá con “axenda galega” para tratar o colapso sanitario, a mellora da protección...
O JEALSA Boiro acaba sétimo no Campionato de España de categoría júnior masculina
M.A.- O JEALSA Boiro concluíu na sétima posición no Campionato de España de categoría júnior masculina celebrado esta fin de semana en Galicia. O conxunto dirixido por Adrián Alves pechou o campionato cun triunfo contra o Alcorcón por 3-0 (25-12, 25-9 e 25- 11). O...
O pazo de Goiáns reúne a case un cento de persoas con adegueiros e institucións para celebrar os viños da IXP Barbanza e Iria
Durante todo o día tivo lugar lugar, no Pazo de Goiáns (Boiro), o terceiro Túnel do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Galicia, na que foi protagonista a IXP Barbanza-Iria. Institucións, adegueiros, profesionais da hostalería e público xeral...
Boiro declara tres días de loito oficial polo falecemento de D. Jesús Alonso Fernández fundador de Jealsa- Rianxeira e convoca pleno extraordinario o sábado
O Concello de Boiro vén de declarar tres días de loito oficial polo pasamento de D. Jesús Alonso Fernández. O loito oficial será dende as 00.00 horas do día 28 de maio ata as 24.00 horas do día 30 de maio de 2022, durante os cales as bandeiras dos edificios públicos...
Volven a Boiro os campamentos municipais de verán cunha cifra aumentada de 205 prazas
O Concello de Boiro, a través da Concellería de Educación, confirmou que vai organizar un ano máis o Campamento Concilia de Verán, que ten como finalidade facilitar a vida das familias en tempo de vacacións e garantir o lecer para a rapazada e o desenvolvemento da...
En Boiro, aprobada por unanimidade a proposta para garantir as axudas locais aos clubs
O Concello de Boiro celebrou este xoves ás 20.00 horas unha sesión plenaria extraordinaria, que contou coa totalidade de membros da corporación (17) e que foi retransmitida, como de costume, a través do Youtube municipal, onde se pode visualizar de xeito íntegro. A...
Boiro acolle o túnel do viño das IXP de Galicia despois dunha semana de encontros entre adegueiros e institucións
Despois das xornadas divulgativas celebradas en Valga e Rianxo, o sábado 28 de maio terá lugar, no Pazo de Goiáns (Boiro), un Túnel do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Galicia, que nesta ocasión terán como protagonista...
O CEIP de Abanqueiro, no palmarés dos Premios ao Cooperativismo no Ensino da Xunta
O CEIP Plurilingüe de Abanqueiro (Boiro) é un dos centros distinguidos pola Xunta no certame e Cooperativismo no Ensino, que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de fallar. Tamén foron recoñecidos sete centros máis da xeografía galega. Trátase dunha...
O Concello e Cruz Vermella de Boiro imparten cursos de galego para persoas migrantes
O Concello de Boiro e Cruz Vermella levan a cabo un curso de galego para persoas migrantes. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Normalización Lingüística, Dores Torrado; e a presidenta da agrupación, Rosa Abuín, acompañaron na mañá deste xoves 26 de maio...
O Pazo de Goiáns acolle o sábado 4 unha xuntanza para recoller o coñecemento da veciñanza arredor da historia do edificio
O Concello de Boiro, a través da área de Cultura, organiza unha xornada de amizade no Pazo de Goiáns que ten como obxectivo recoller coñecemento, historias e lendas da histórica construción e da súa contorna. A xornada será o sábado 4 de xuño a partir das 18.30 horas...
O Concello de Boiro convoca as bolsas para deportistas federados da tempada 2021
O Concello de Boiro convocou as bolsas para deportistas federados 2021, unha liña de axudas que ten como obxectivo “promover e difundir aqueles deportes que teñen un carácter individual e que requiren unha dedicación de alto nivel”. As solicitudes deben presentarse no...
Boiro acada a categoría de excelente en nove zonas de baño
O Concello de Boiro vén de reflectir os datos achegados pola Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en relación ás condicións para o baño dos seus areais, datos que son todos positivos nesta tempada 2022 e que, a maiores, guindan un panorama de “calidade...
A andaina Os 100 do Barbanza xa superou as 230 persoas inscritas a un mes do seu inicio
Xa vai quedando menos para o inicio da sétima edición da proba Os 100 do Barbanza, un dos grandes eventos deportivos da tempada de primavera-verán, non só a nivel comarcal, senón tamén galego e estatal. Para facernos unha idea da relevancia desta cita, impulsada polo...
Conta atrás para o inicio da 15 edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza
Comezou a conta atrás para o inicio da edición número 15 do Encontro Arqueolóxico do Barbanza, organizado polo Centro Arqueolóxico do Barbanza e o Concello. Desenvolverase finalmente esta fin de semana, os días 28 e 29 de maio (sábado e domingo) coa Casa da Cultura de...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“O berberecho da ría de Noia, perdido e sen posibilidades de recuperación”. Antón Luaces
As máis de 1.500 persoas -mariscadoras e mariscadores- que viven do seu traballo nos areais da ría de Noia asisten estoicamente -ende ben que con moito cabreo- á morte de milleiros (toneladas) de crías de berberecho que cubren, coas cunchas ao sol (cando este...
“Lo que dicen y lo que realmente hay”. José Fernández Lago
Los estamentos de poder proclaman a grandes voces que hemos progresado mucho, que en ningún momento de nuestra historia habíamos llegado tan alto… El caso es que, si vamos a comprar lo que se necesita para nuestra alimentación, aun sin adquirir materiales de lujo,...
“El discurso de Liliana Sáenz”. Mario Clavell
Es la oración fúnebre que esta rapaza pronunció al final del funeral en Huelva por las víctimas de Adamuz. Hay discursos memorables en el género oratorio y yo añado el que pergeñó esa hija de una de las víctimas del accidente ferroviario. Mostró ánimo muy grande y...
“Desahucio si, desahucio no” – Manuel Domínguez
Desahucio si, desahucio no. Has invertido tus ahorros en una segunda casa para intentar garantizar tu futuro, como una ayuda extra a la pensión escuálida. Entregaste la entrada, y ahora con el alquiler la vas pagando. Resulta que el inquilino por h o por b, queda con...
“Reaparecen las trincheras” – José Castro López
Pérez Reverte y Jesús Vigorra organizaron unas jornadas bajo el título “1936: la guerra que todos perdimos” en el marco del festival Letras en Sevilla que desde hace años congrega a ponentes de todas las tendencias para debatir temas que preocupan a la sociedad. Este...


























