O Concello de Boiro convoca as bolsas para deportistas federados da tempada 2021

25 Maio 2022

O Concello de Boiro convocou as bolsas para deportistas federados 2021, unha liña de axudas que ten como obxectivo “promover e difundir aqueles deportes que teñen un carácter individual e que requiren unha dedicación de alto nivel”.

As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral ou na sede electrónica do Concello nun prazo de 10 días hábiles.

Dende o Consistorio explican que a contía total das bolsas é de 7.500 euros que se reparten en 5 bolsas de 300 euros, 10 bolsas de 200 euros, 16 bolsas de 150 euros e 16 bolsas de 100 euros. Estes apoios serán compatíbeis con outras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade e que teñen como obxectivo recoñecer o esforzo e a dedicación que leva aparellada a práctica deportiva de alto nivel.

Para participar desta convocatoria as persoas solicitantes teñen que cumprir cos seguintes requirimentos: estar empadroadas en Boiro, ter entre 9 e 23 anos, dispoñer de licencia federativa en vigor, non sufrir sanción ou descualificación e ter participado na tempada anterior en campionatos oficiais galegos, españois ou de nivel superior; convocatorias das seleccións galega ou española da especialidade; probas oficiais de nivel competitivo igual ou superior aos campionatos galegos acreditadas pola federación correspondente; ou campionatos oficiais absolutos de liga 1ª, 2ª e 3ª categoría de cada especialidade.

As bases da convocatoria, os anexos de solicitude e toda a información está a disposición das persoas interesadas no Departamento de Deportes do Concello de Boiro e na web municipal. O prazo de presentación de solicitudes abre este xoves e será de 10 días hábiles.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...