UCIN Galicia critica ás administracións polo “aumento da criminalidade no Barbanza”

10 Xuño 2026

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, mostrou nun comunicado a súa profunda preocupación polo “incremento da criminalidade rexistrada en diversos municipios da comarca do Barbanza” e, especialmente, “polos datos coñecidos recentemente en Ribeira, onde os roubos con forza experimentaron un aumento do 48%, segundo as últimas informacións publicadas”, sinalou.

Para Calo, estes datos “non son unha sorpresa”, senón “a consecuencia directa de anos de abandono institucional e da falta de planificación por parte das administracións públicas”. Segundo di, “levamos anos advertindo de que a seguridade cidadá estaba a ser relegada a un segundo plano e mentres os cidadáns reclaman máis efectivos, máis medios e máis presenza policial, os gobernos seguen mirando cara a outro lado”, afirmou José Luis Calo.

Desde UCIN Galicia lembran que en anteriores comunicados xa se alertou da necesidade urxente de incrementar os persoais e dotar de máis recursos materiais á Garda Civil, Policía Nacional e Policías Locais de Galicia, especialmente en zonas que experimentaron un importante crecemento poboacional e turístico durante os últimos anos. UCIN Galicia considera que “os datos de criminalidade rexistrados en municipios como Ribeira, Boiro, A Pobra do Caramiñal ou Rianxo deben servir como toque de atención para as administracións competentes”. A formación denuncia que “a falta de efectivos, as dificultades para cubrir vacantes, o envellecemento dos persoais e a escaseza de medios materiais están a provocar unha perda de capacidade de resposta ante o incremento de determinados delitos”. E engaden: “Non podemos permitir que os nosos veciños se afagan a escoitar cada semana novas noticias sobre roubos, vandalismo ou tráfico de drogas. A seguridade é un dereito fundamental e unha obriga das administracións públicas”, sinalou Calo.

Desde UCIN Galicia repróchase ao Parlamento de Galicia e aos principais partidos políticos que “levan décadas alternándose nas institucións converter os
problemas reais da cidadanía en asuntos secundarios”. José Luis Calo considera que “mentres os cidadáns sofren a deterioración dos servizos públicos, os responsábeis políticos están máis preocupados pola confrontación partidista que por resolver os problemas cotiáns das familias galegas. A inseguridade crecente é só unha parte do problema. Galicia tamén sofre unha evidente falta de investimento en sanidade, onde continúan as listas de espera; en educación, con peches e recortes que afectan ao rural; e en servizos públicos esenciais que deberían garantir a igualdade de oportunidades para todos os galegos”.

UCIN Galicia reclama “un plan integral para reforzar a presenza das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado en Galicia, acompañado dunha maior coordinación entre administracións e de investimentos reais que permitan mellorar a capacidade operativa dos axentes”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.