O Pazo de Goiáns acolle durante o mes de xuño unha mostra do deseñador boirense Juan Ares

09 Xuño 2026

O Pazo de Goiáns acolle durante o mes de xuño unha exposición do deseñador boirense, Juan Ares. A inauguración da mostra tivo lugar no histórico inmóbel boirense este luns 8 de xuño con motivo do Dia Mundial dos Océanos e contou coa asistencia do alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral.

Trátase dunha colección de mobles feitos con rede de pesca mariñeira, un traballo feito polo deseñador durante 10 anos. Na mostra poden verse deseños de distintas coleccións realizadas ao longo dos anos, pero todas elas inspiradas no medio mariño.

Xunto coa inauguración da mostra, e para conmemorar o Día Mundial dos Océanos, celebrouse un coloquio realizado polo deseñador sobre o respecto ao medio mariño e as oportunidades que xorden do mesmo no eido do deseño.

A mostra poderá visitarse durante o mes de xuño no Pazo de Goiáns en horario de mércores a sábado de 11.30 a 13.30 horas e de 18.00 a 21.00 horas; os martes de 18.00 a 21.00 horas e os domingos de 11.30 a 13.30 horas.

Juan Ares (Escarabote, Boiro, 1978) é un destacado deseñador e interiorista galego. É coñecido internacionalmente polo seu concepto Marine Design, no que emprega materiais e residuos do mar (como redes de pesca abandonadas) para elaborar pezas de mobiliario e decoración.

Algúns dos seus fitos e proxectos máis destacados inclúen o deseño interior do mercado gastronómico La Galiciana situado en Santiago de Compostela e traballos e charlas sobre o deseño e o respecto ao medio mariño en espazos culturais de referencia. É graduado Superior na Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) Mestre Mateo de Santiago de Compostela. A súa obra busca poñer en valor a sustentabilidade e a alma mariña das nosas rías.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.