Boiro acolle o túnel do viño das IXP de Galicia despois dunha semana de encontros entre adegueiros e institucións

26 Maio 2022
Despois das xornadas divulgativas celebradas en Valga e Rianxo, o sábado 28 de maio terá lugar, no Pazo de Goiáns (Boiro), un Túnel do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Galicia, que nesta ocasión terán como protagonista a IXP Barbanza-Iria. Ao longo do día terán lugar un acto institucional de apoio aos viños das IXP e catas comentadas para profesionais e público xeral, nas que estarán presentes adegas de toda Galicia.
No acto institucional está prevista a lectura dunha declaración institucional, a través da que se busca o compromiso das entidades locais cos viños das Indicacións Xeográficas Protexidas para a promoción dos seus viños, o fomento do seu consumo e o reforzo do sector vitícola no territorio. Participarán os alcaldes de Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Dodro, representantes institucionais dos concellos de ValgaPontecesuresCatoiraPortasRibadumiaRibeira e outros concellos que forman parte da IXP Barbanza-Iria e comarcas limítrofes, adegueiros de toda Galicia, o presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, a presidenta da asociación Ambar, e representantes dos Grupos de Desenvolvemento Rural Deloa Salnés-Ulla-Umia, así como dos outros GDR que participan no proxecto.
Pola tarde, no túnel do viño poderanse coñecer e probar viños das catro IXP de viño de Galicia a través e catas comentadas que se celebrarán ao longo do día, poñendo o foco nos da IXP Terra de Barbanza-Iria.

PROGRAMA
12:00    Visita ao Pazo de Goiáns e á mostra dos viños das IXP
12:30    Acto institucional de apoio e promoción dos viños das IXP
17:00    Catas de viño comentadas para profesionais
18:30    Catas de viño comentadas abertas ao público

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El día que yo me muera”. Manuel Dominguez

“El día que yo me muera”. Manuel Dominguez

El día que yo me muera me marcharé sin marchar, si tú quieres. Plante ese naranjo, hace años, muchos años, pensando en ti, ahora son tus naranjas, que yo cuide con esmero. El manzano, donde un día yo jugué hoy juegas con tu hijo, mi nieto, recuérdale que un día tu...

“Unha amendoeira na praza da rioxana Alcanadre”. Antón Luaces

“Unha amendoeira na praza da rioxana Alcanadre”. Antón Luaces

O cariñés Valentín Galage -defensor a ultranza do acontecer de Cariño (A Coruña)- espertou a través das redes sociais a curiosidade, primeiro, e o interese, dempois, de quen esto escribe ao se ao se ter feito eco Valentín Galage dun acontecemento que vai desembocar na...