A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro.
Durante estes días o edificio da Casa Consistorial ilumínase de cor rosa polo mesmo motivo.

Como dixemos, a cadea humana veu da man do Concello e máis a delegación local da AECC (Asociación Española Contra o Cancro). Celebrouse ás 18.00 horas deste sábado na rúa peonil. A cita, que resultou ser multitudinaria con veciñas e veciños do concello e da contorna, foi diante do Mercado Municipal (na rúa Peonil). Participou, entre outras/os representantes da Administración local, a concelleira María Outeiral.




