Ribeira dá a benvida a unha nova edición do Programa de Dinamización e Promoción Social das Persoas Maiores

18 Outubro 2026

Co mes de outubro empezaron os distintos obradoiros que conforman o Programa de Dinamización e Promoción Social das Persoas Maiores que pon en marcha o Concello de Ribeira no curso 2026-2027; unha edición que” conta cos mellores datos ata o de agora, pois hai máis de 500 persoas inscritas”, informaron fontes do Consistorio, engadindo que estamos ante un programa que se descentraliza da cidade para levalo tamén ás parroquias cun total de oito obradoiros dende o 5 de outubro de 2026 ata o 15 de xuño de 2027: estimulación da mente-memoria, enriquecemento educativo, lingua e cultura galega, conversa en inglés, artes plásticas, taek-health, ximnasia adaptada e cantares e tradicións. A disciplina que esperta maior interese é a ximnasia adaptada (358 inscritos), seguida de memoria (251) e taek-health (188).

O concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazouse nestes días, xunto a outros edís, ata os distintos espazos onde se imparten as clases para dar a benvida aos veciños e veciñas asistentes. “Neste curso contamos cuns datos excepcionais, pois temos máis de medio milleiro de veciños e veciñas participantes. A maioría son mulleres, con 464 inscritas, pero tamén conseguimos chegar nesta ano a máis homes, con 54 anotados. E, dada a demanda, ampliamos a ximnasia adaptada para impartila tamén en Oleiros e Olveira e creamos un novo grupo de memoria en Ribeira”, destaca o edil. Mariño quixo lembrar tamén as principais novidades como ser a de maior duración de tódalas edicións previas, incrementar 15 minutos a duración de cada grupo das conversas en inglés, o taek-health como programa pioneiro a nivel nacional e a incorporación de cantares e tradicións.

As persoas destinatarias son aquelas pensionistas do Sistema da Seguridade Social con 60 anos cumpridos ou máis idade, e empadroadas en Ribeira.Os obxectivos específicos do programa son promover o envellecemento activo; evitar o sedentarismo, illamento e pasividade; fomentar a participación de grupo e relacións interpersoais da poboación maior de 60 anos do municipio; ampliar a oferta de ocupación do tempo de ocio; aumentar a frecuencia das actividades
positivas co colectivo de maiores; motivar as persoas maiores en accións comunitarias; e mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Outros artigos

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.