“Un exceso de protagonismo para seren actores secundarios?”. Antón Luaces

18 Outubro 2026

O PSOE, a Fronte Ampla e esquerdas territoriais (non autonómicas) acordaron unirse en  listas conxuntas para o Senado. Non así para o Congreso, onde o protagonismo de distintos actores fixo que as posibilidades de unión quedara nunha mera tentativa de lavado de faciana para faceren que facían. 

Sen embargo, após semanas de negociacións, os socialistas, Esquerda Unida, Movemento Sumar, Compromís, Máis Madrid, Chunta Aragonesista, Batzarre e Ceuta Unida xunto con outras organizacións minoritarias, acadaron un acordo in extremis para conformaren a plataforma “Senadoras e Senadores pola Democracia”, na percura de evitaren que a fragmentación das esquerdas facilite unha nova maioria absoluta do PP, esta vez co apoio de Vox, Junts, previsiblemente PNV, PNU e outras formacións minoritarias.

Que impide que as listas para o Congreso dos Deputados non chegaran ao pacto histórico acadado para a Cámara Alta?. Aquí, o PSOE e a Fronte Ampla acordaron presentar listas conxuntas en r47 circunscripcións (43 provincias) para concorrer ás eleccións do Senado na coaligación “Senadores de Progreso”. 

Deste xeito, unha parte importante da esquerda unen forzas para evitar que a diversificación do voto penalice as súas opcións de acadar escanos dabondo na Cámara Alta, unha estratexia que por contra merma as espectativas electorais da dereita. 

Talvez os deputados son menos progresistas ou é que doe menos perder a cadeira de senador por non sei que motivos?.

Por esa falta de conxunción á hora de valorar o que cada deputado ou senador significan para o conxunto dos españois, unha parte nada despreciable da esquerda vai ver frustradas unhas espectativas que, malia ter en conta o potencial das dereitas, mantiña -mantén aínda?- a esperanza de manter un goberno progresista.

Para bo número de votantes de esquerda resulta evidente que persiste o exceso de protagonismo demostrado xa nos últimos case que catro anos e que en absoluto contribúe a animar ás bases dos partidos recoñecidos como integrantes da esquerda española.

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.