O Concello de Boiro celebrou este xoves ás 20.00 horas unha sesión plenaria extraordinaria, que contou coa totalidade de membros da corporación (17) e que foi retransmitida, como de costume, a través do Youtube municipal, onde se pode visualizar de xeito íntegro. A orde do día era instar ao Goberno de Boiro a que adoptase as medidas pertinentes tendentes a cumprir coas obrigas económicas en relación aos distintos clubs da localidade. A proposta foi aprobada por unanimidade (17 votos a favor).
O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo na web municipal para coñecer os investimentos nos núcleos
O Concello de Boiro habilitou na páxina web municipal un mapa interactivo para coñecer os distintos investimentos que se teñen realizado nos distintos núcleos do termo municipal. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Administración Xeral, Raúl Treus,...






