Novas concentracións (en Ribeira, Aguiño, Pobra, Boiro e Rianxo) da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza

26 Novembro 2026
Concentración diante do Centro de Saúde de Aguiño

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza continúa coas súas mobilizacións en diferentes centros de saúde da comarca reclamando melloras en atención, máis persoal e plena operatividade. As concentracións levaranse a cabo en distintos concellos da contorna e comezarán como é habitual este xoves e este venres con xuntanzas en Ribeira, Aguiño e (no pleno municipal) A Pobra do Caramiñal.

· Xoves 26 de novembro ás 12:00 defensa da moción no pleno da Pobra (suspéndese a concentración do venres). En parte solicitan a apertura do PAC da Pobra dende ás 15:00 os días laborais, así como a cobertura das ausencias, e a recuperación da praza de medicina de familia amortizada.

· Xoves 26 de novembro ás 12:00 concentración no Centro de Saúde de Ribeira como todos os últimos xoves de mes. O obxectivo é esixir a mellora do servizo e, máis concretamente, solucionar os problemas de falta de persoal.

· Venres 27 ás 11:30 horas concentración no Centro de Saúde de Aguiño. Denuncian que a falta de cobertura dunha baixa de longa duración leva moitos meses provocando importantes dificultades para acceder á atención médica.

· Luns 30 de novembro ás 20:00 defensa da moción no pleno de Boiro,

· Martes 1 de decembro ás 19:00 concentración no centro de saúde de Rianxo como todos os primeiros martes de mes,

· Xoves 3 de decembro  ás 20:00 defensa da moción no pleno de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión