O youtuber OlaXonMario achegará á rapazada de Boiro unha charla sobre diversidade sexual

03 Xuño 2022

O Concello de Boiro, a través da área de Igualdade, celebra este mes o Día Internacional do Orgullo LGTBI (28 de xuño) cunha serie de actividades. A primeira das propostas será unha charla co youtuber OlaXonMario (natural de Boiro e seleccionado como mellor creador na edición V dos Premios Youtubeiras pola súa canle de contidos), o vindeiro martes día 7 de xuño para o alumnado dos centros educativos locais.

Este faladoiro, que terá lugar na Casa da Cultura de Boiro, vai abordar diferentes expresións de sexo-xénero e culturas que non seguen esquemas home-muller, relación monogámicas e as que prohiben prácticas homosexuais.

Esta actividade forma parte da programación financiada polo Pacto de Estado e completa a outras propostas que se desenvolveron durante todo o ano para a prevención e sensibilización ante calquera forma de violencia de xénero.

O Concello de Boiro a través da Concellería de Igualdade levou a cabo obradoiros de independencia dixital para mulleres, obradoiros STEAM (acrónimo de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemática), obradoiros afectivosexuais nos centros de ensino, etc.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...