O Pazo de Goiáns acolle o sábado 4 unha xuntanza para recoller o coñecemento da veciñanza arredor da historia do edificio

26 Maio 2022

O Concello de Boiro, a través da área de Cultura, organiza unha xornada de amizade no Pazo de Goiáns que ten como obxectivo recoller coñecemento, historias e lendas da histórica construción e da súa contorna. A xornada será o sábado 4 de xuño a partir das 18.30 horas no propio pazo.

As actividades comezarán cunha exposición de instrumentos antigos galegos da Asociación Menestreis, con explicación dos instrumentos e demostración de como funcionan, e ás 19.00 horas está previsto un paseo botánico para todos os públicos polos xardíns da finca co biólogo Xulio Gutiérrez.

Ás 20.00 horas haberá un encontro-café, cunha pequena exhibición de café turco, para recoller vivencias e contos do Pazo con Os Quinquilláns, José Manuel Lijó e toda a veciñanza que queira aportar todo aquilo que coñece sobre a historia de Goiáns. O obxectivo desta xuntanza é “recoller coñecemento arredor da historia do pazo para despois realizar visitas teatralizadas”. A xornada rematará co concerto De Película da Banda de Música de Calo ás 22.00 horas.

As inscricións para a xornada poderán facerse na web municipal cubrindo un formulario online.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.