
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a cobertura dunha praza de director/a avogado/a do Centro de Información á Muller. Trátase dunha praza vacante incluída na Oferta de Emprego Público do ano 2025 correspondente á escala de Administración Especial, subescala técnica e clase Superior.
O sistema de acceso será mediante oposición en quenda libre. As persoas aspirantes deberán cumprir os requisitos esixibles para o acceso ao emprego público como o de nacionalidade, capacidade funcional, habilitación e compatibilidade; ademais de estar en posesión da titulación de grao en Dereito, formación en materia de igualdade e experiencia en temas relacionados coa igualdade de oportunidades por razón de xénero.
As persoas interesadas en participar deste proceso selectivo deberán presentar a solicitude mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro nun prazo de vinte días hábiles a contar dende este venres 29 de outubro. As bases do proceso e toda a información está dispoñíbel na web municipal.



