A noiesa Lorena Neu presentou en Lousame o seu libro Una nueva vida

29 Outubro 2026

A escritora noiesa Lorena Neu Louro, acompañada polo tamén escritor outense Ramón Blanco Fernández, presentaron de forma conxunta o primeiro libro de Lorena, Una nueva vida, na Casa da Cultura de Lousame.

Trátase dunha obra cargada de superación, sensibilidade e esperanza, que ademais representa o inicio dunha nova etapa para a súa autora, como destacou a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo Filgueira, que engadiu que “a obra afonda en temas de superación, culpa, redención e segundas oportunidades”.

Lorena Louro escribiu e publicou Una nueva vida tras enfrontarse todo tipo de atrancos no mercado de traballo debido a seis discapacidades. Para ela, este libro representa “abrir unha porta nova e demostrar que as circunstancias non definen os límites dunha persoa”, sinalou nunha entrevista recente.

O libro foi publicado por Letrame Editorial e xa leva lanzadas varias edicións dende maio deste ano.

O libro narra a historia de Mario, un home que medrou protexido por un corazón fráxil e unha educación sen límites. Tras telo todo na vida —cartos, poder e privilexios—, as súas malas decisións lévano demasiado lonxe ata precipitar unha caída brutal e inevitábel.

Cando o seu corpo di que abonda e parece que non queda esperanza, o destino intervén. Aparece un rostro moi parecido, unha verdade enterrada durante décadas e dúas vidas separadas por unha decisión imposible que se reúnen no momento máis crítico. A trama revélase como un relato sobre nais que calan demasiado tempo e sobre un sacrificio silencioso cun latexo que obriga a merecer a vida.

Outros artigos

Concentración no Consistorio da Pobra en memoria das vítimas de Urda

A contorna da Casa Consistorial da Pobra acolleu este xoves 29 ao mediodía a celebración dun minuto de silencio gardado en memoria das vítimas do tráxico accidente ferroviario ocorrido en Urda (Toledo). O Concello da Pobra do Caramiñal expresou o seu máis profundo...

+

A Regata Alca do Club Náutico Arousa Norte para Ziralla e Fixius

Imaxe de arquivo co Fixius, de Miguel Pérez-Lafuente, primeiro clasificado na División 2 á dereita. O sábado celebrouse a cuarta e última etapa da Regata Alca cun espectacular percorrido polo interior da ría de Arousa de 12 millas. O Ziralla, do RCN de Sanxenxo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.