A Regata Alca do Club Náutico Arousa Norte para Ziralla e Fixius

29 Outubro 2026
Imaxe de arquivo co Fixius, de Miguel Pérez-Lafuente, primeiro clasificado na División 2 á dereita.

O sábado celebrouse a cuarta e última etapa da Regata Alca cun espectacular percorrido polo interior da ría de Arousa de 12 millas. O Ziralla, do RCN de Sanxenxo, fíxose coa súa división grazas a un segundo posto na última manga. O Fixius, do R.C.R Galicia, con outro primeiro, dominou a súa clase con total autoridade.

Os partes meteorolóxicos mostraban unha situación típica desta época do ano, ceos con nubes e claros e ventos de entre 6 e 8 nós, condicións perfectas para a disputa da cuarta e definitiva manga da Regata Alca, que desde o pasado 12 de setembro lévase disputando na Pobra do Caramiñal.

Con estas condicións o comité decidiuse por un percorrido costeiro dunhas 12 millas con saída nas inmediacións da Ostreira, nas proximidades da enseada pobrense.

Na División 1, o Corsario Thunder, de Jorge Durán, dominou aos seus rivais como facía tempo que non pasaba, deixando a segunda posición para o Ziralla, de Ramón Barreiro, situación que lle chegaba para facerse co primeiro posto na xeneral desta clase.

Na División 2, o Fixius, de Miguel Perez-Lafuente volveu ensinarlle a popa a todos os seus rivais e pechou esta regata con 3 primeiros en 3 probas disputadas. Segundo posto na cuarta xornada e na xeneral para o Mauritania, do Club Náutico Arousa Norte.

Resultados finais VIII Regata Alca

División 1

1o – ZIRALLA – Ramón Barreiro – R.C.N de Sanxenxo

2o – CHISPETRÉN – Jesús Iglesias – C.N. Arousa Norte

3o – GALOPÍN – Manuel Franco – C.N.D de Riveira

División 2

1o – FIXIUS – Miguel Pérez-Lafuente – R.C.R Galicia.

2o – MAURITANIA – Ángel Romasanta – C.N. Arousa Norte

3o – SALUT – José Ignacio Salgado – Independente

Outros artigos

A noiesa Lorena Neu presentou en Lousame o seu libro Una nueva vida

A escritora noiesa Lorena Neu Louro, acompañada polo tamén escritor outense Ramón Blanco Fernández, presentaron de forma conxunta o primeiro libro de Lorena, Una nueva vida, na Casa da Cultura de Lousame. Trátase dunha obra cargada de superación, sensibilidade e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.