O Concello de Ribeira convoca as axudas a clubs e deportistas individuais ou por parellas neste 2026 destinando 164.000 euros

29 Outubro 2026

Co obxectivo de promover a actividade deportiva no municipio, o Concello de Ribeira convoca as axudas para clubs e deportistas individuais ou por parellas para este 2026 por un importe total de 164.000 euros (150.000 euros para clubs e 14.000 para deportistas).

O dinamismo dos clubs poderá ser subvencionado, ata un máximo do 70% do gasto efectuado e acreditado, co límite de 15.000 euros da organización de actividades deportivas, así como a participación en competicións deportivas sexan ou non federadas.

As actividades subvencionadas deberán ter lugar no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.

No que respecta a deportistas individuais ou por parellas, establécese unha liña de subvención por un importe máximo de 1.000 euros cada bolsa para aqueles que destacaran na súa faceta competitiva no 2026.

En ambos supostos, as solicitudes deberán presentarse de maneira telemática a través da sede electrónica municipal no prazo dun mes dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, no 28 de outubro. Xunto cos anexos debidamente cumprimentados, deberá acompañarse copia dos calendarios e certificados federativos que correspondan, así como os certificados de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.

As bases completas están dispoñíbeis na web municipal.

Outros artigos

A Regata Alca do Club Náutico Arousa Norte para Ziralla e Fixius

Imaxe de arquivo co Fixius, de Miguel Pérez-Lafuente, primeiro clasificado na División 2 á dereita. O sábado celebrouse a cuarta e última etapa da Regata Alca cun espectacular percorrido polo interior da ría de Arousa de 12 millas. O Ziralla, do RCN de Sanxenxo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.