“O berberecho da ría de Noia, perdido e sen posibilidades de recuperación”. Antón Luaces

06 Febreiro 2026

As máis de 1.500 persoas -mariscadoras e mariscadores- que viven do seu traballo nos areais da ría de Noia asisten estoicamente -ende ben que con moito cabreo- á morte de milleiros (toneladas) de crías de berberecho que cubren, coas cunchas  ao sol (cando este racha os nubeiros preñados de auga) que o mar, os regatos e o río esparexen nos bancos deste bivalvo que con tanto afán sementaron e coidaron, sabedores por experiencia de que a súa propia sobrevivencia como traballadores do mar depende da mortaldade por baixa salinidade que os citados bancos marisqueiros poidan soportar.

Chámanlle tren de borrascas ao que non é outra cousa que a maior desgraza que pode soportar o que estaría a piques de ser o toque de diana para o comezo -o dous de marzo- da campaña que levaría a cada unha das casas dos mariscadores implicados unha pinga de optimismo na, en teoría, vindeira primavera.

A praia do Testal, un dos principais bancos produtivos de berberecho, é hoxendía un cimeterio de bivalvos que, mortos a consecuencia dos temporais de choiva e vento do último mes, son a día de hoxe, unha especie de bodoque no enxoval das mulleres e homes que agardaban ilusionados a poxa dos novos lotes de berberecho. Esas cunchas que a marea acocha no Testal non son outra cousa que as bágoas de centos de familias que se ven na obriga de facer fronte a unha situación socioeconómica que, desgraciadamente, é máis que coñecida para todos os que confiaban en que, desta volta, a tocata ía ser outra.

Mais non vai ser así: as catas feitas  nos bancos do Testal, San Cosme, A Misela, Couso, Taboleiro e O Freixo no son, nen  moito menos, optimistas: Os vendavais -con ou sen tren- van continuar, co que a situación  dos bancos, lamentablemente, irá a peor. 

A maior parte da moita cría de berberecho que había no pasado outono non medrou o necesario para dar unha talla comercial e, por riba, o fitoplancton non aguantou na ría, o que tampouco contribuiu ao seu engorde. Sumada a  baixa salinidade nos areais causada polos temporais e a descontrolada apertura das comportas do encoro do Tambre da unha imaxe aproximada do que é unha triste realidade: máis dun 30% do berberecho que había está morto. 

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...