Boiro convoca bolsas para deportistas de carácter individual

01 Xuño 2022

O Concello de Boiro ten aberto o prazo de solicitude de bolsas para deportistas federados 2021, unha liña de axudas que ten como obxectivo promover e difundir aqueles deportes que teñen un carácter individual e que requiren unha dedicación de alto nivel. A concelleira de Deportes, Dores Torrado, falou máis polo miúdo destas axudas.
A contía total das bolsas é de 7.500 euros, que se reparten en 5 bolsas de 300 euros, 10 bolsas de 200 euros, 16 bolsas de 150 euros e 16 bolsas de 100 euros, que serán compatibles con outras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade e que teñen como obxectivo recoñecer o esforzo e a
dedicación que leva aparellada a práctica deportiva de alto nivel. “Este ano aumentouse a partida destinada a estas axudas co obxectivo de becar a máis deportistas e seguir apostando polo deporte base nas distintas categorías”, afirmou a concelleira.
Para optar a estas axudas as persoas solicitante teñen que esta empadroadas en Boiro; ter entre 9 e 23 anos; dispoñer de licencia federativa en vigor; non sufrir sanción ou descualificación. Ademais, as persoas candidatas teñen que ter participado na tempada anterior en campionatos oficiais galegos, españois ou de nivel superior, convocatorias das seleccións galega ou española da especialidade, probas oficiais de nivel competitivo igual ou superior aos campionatos galegos acreditadas pola federación correspondente
ou campionatos oficiais absolutos de liga 1ª, 2ª e 3ª categoría de cada especialidade.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o vindeiro 8 de xuño e as solicitudes deben facerse no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. Toda a información e as bases da convocatoria están a disposición das persoas interesadas no Departamento de Deportes e web
municipal.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...