ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

10 Xuño 2026

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do Día Mundial dos Océanos, maquinaria pesada está a realizar labores de explanación, movemento de area e eliminación de vexetación dunar na praia do Róbalo (ou da Tasca), en pleno centro da vila de Aguiño. E engaden que “estas actividades desenvolvéronse sobre a propia praia e afectaron hábitats de interese europeo do Anexo I da Directiva 92/43/CEE de Hábitats, entre os que se atopan dunas con céspedes de Malcomietali, vexetación anual sobre argazos, dunas móbiles embrionarias, dunas móbiles litorais con Ammophila arenaria, e dunas costeiras fixas con vexetación herbácea, estas últimas consideradas prioritarias”.

Engaden que este espazo degradado inclúese, asemade, dentro da zona de presenza e da zona crítica da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), ao abeiro do determinado polo plano de conservación deste taxón aprobado polo Decreto 9/2014. Esta especie de ave, considerada “vulnerábel” no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Decreto 88/2007), áchase en plena época de reprodución.

ADEGA agarda que a denuncia destas actuacións dea lugar a unha contundente actuación por parte da Xunta.

“Esiximos de Medio Ambiente que inspeccione in situ o lugar para verificar o alcance e natureza das afeccións detectada e comprobar tamén a legalidade das actuacións realizadas, e a existencia das autorizacións ou avaliacións ambientais que resultasen preceptivas habida conta dos valores naturais presentes neste espazo”, reclaman dende ADEGA, ao tempo que solicitan tamén que se adopten as medidas cautelares precisas para evitar a continuidade ou agravamento dos danos e, no caso de apreciar infracción da normativa, incoar o correspondente expediente sancionador e impoñer as medidas de restauración precisas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...