Armadanzas representa en Rianxo este domingo “Unha de contos des contados”

10 Xuño 2026

Este domingo 14 de xuño vaise celebrar un espectáculo teatral para a rapazada no Auditorio de Rianxo, na Sala Arcos Moldes. Trátase da función Unha de contos des contados, a cargo de Armadanzas Teatro. Será unha cita cultural de entrada libre ata completar a capacidade que dará comezo ás 19.00 horas.

Trátase dun espectáculo teatral que revisita e deconstrúe algúns contos clásicos de sobra coñecidos e que está interpretado polo elenco da compañía amateur Armadanzas, xurdido da asociación cultural rianxeira Ondiñas Mainas, baixo o texto e dirección de Amantia Coello.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.