Esta “finde” celébranse as Festas da Bacariza na honra do Santo Antón

10 Xuño 2026

Esta fin de semana (o sábado 14 de xuño e o domingo 15) vanse celebrar en Bacariza-Isorna as Festas da Bacariza, na honra do Santo Antón, que veñen cunha manchea de actividades culturais, de lecer e relixiosas. A troula comezará ás 8.30 horas do sábado coa gran tirada de bombas de palenque e logo haberá unha ruada coa banda de gaitas Buxaina de Taragoña. Ás 13.00 horas celebrarase unha misa solemne e ás 14.00 horas comezará unha sesión vermú no campo da festa con La Mecánica. Pola noite haberá verbena con Panorama City e La Mecánica.

O domingo as actividades comezarán ás 17.00 horas coa actuación da Banda de Música de Rianxo. Ás 17.30 celebrarase unha gran festa infantil no campo da festa.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión