O ciclista júnior Roi Jorge Vázquez imponse no DHI Porto de Mós, proba puntuábel para a Taça de Portugal

01 Xuño 2022

M.A.- Roi Jorge Vázquez, rider nado en Lousame, vén de acadar a primeira posición en categoría júnior no DHI Porto de Mós de Portugal, quinta e última proba puntuábel da Taça de Portugal Downhill, celebrada a pasada fin de semana. A carreira contou coa presenza dos mellores especialistas de España e Portugal. Co triunfo cultivado en terras lusas, o ciclista da Bici Verde Club Ciclista confirmou que superou a lesión que arrastrou no inicio da tempada, que lle impediu alcanzar o seu mellor nivel no Campionato de España disputado en Raso (Ávila), así como no Campionato do Mundo de Descenso celebrado en Lourdes (Francia) a finais de marzo.

Na proba disputada en Porto de Mós, Roi Jorge Vázquez finalizou segundo nos adestramentos oficiais por detrás do rider local Matías Camacho. Con todo, o de Lousame dominou as mangas oficiais de principio a fin e fíxose co triunfo na última cita da Taça de Portugal de Downhill.

O circuíto constaba de 2,1 quilómetros, cunha pendente do 25% (1.123 metros de altitude máxima e 743 metros de mínima), cun trazado moi técnico que favoreceu que houbese unha elevada competitividade entre todos os participantes.

Roi Jorge Vázquez afrontará a vindeira cita a primeira fin de semana de xullo no Descenso de Panticosa (Huesca), proba puntuábel para a Copa de España de BTT DH Descenso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.