O Concello de Boiro abre o prazo para participar no Campamento Concilia de Verán 2022

31 Maio 2022

O Concello de Boiro abre esta semana (o mércores 1 de xuño) o prazo de inscrición para participar no Campamento Concilia de Verán 2022 que desenvolve a Concellería de Educación. O prazo será de 10 días e a solicitude e a documentación deben presentarse no Rexistro Xeral ou na sede electrónica do Concello de Boiro.

Unha das actividades de conciliación organizadas polo Concello

O Campamento de Verán, que ten como finalidade “fomentar a conciliación laboral e familiar durante as vacacións”, oferta un total de 205 prazas repartidas entre o CEIP Santa Baia de Boiro, o CEIP Abanqueiro e o Centro Social de Cabo de Cruz. Os horarios ofertados son de 8.00 a 14.00 ou de 10.00 a 14.00 horas entre os días 4 de xullo e 30 de agosto.

O Concello sinalou que se terán en conta, a efectos de prioridade para participar, aquelas persoas que soliciten os dous meses por riba de un; as empadroadas en Boiro; a ocupación laboral dos proxenitores ou titores legais e a orde de entrada no Rexistro.

O prezo do campamento será de 100 euros/mes para aqueles nenos e nenas que comecen ás 8.00h e de 90 euros/mes para aqueles que comezan ás 10.00h, aplicándose descontos no caso de un ou máis irmáns ou casos de exclusión social.

O prazo de inscrición será do 1 ao 10 de xuño e debe facerse no Rexistro Xeral, aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou na sede electrónica do Concello de Boiro. As bases e formularios de inscrición están a disposición das persoas interesadas na Casa da Cultura de Boiro, no Centro Social de Cabo de Cruz e na web municipal, www.boiro.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...