En Boiro convocado un proceso selectivo para unha lista de animadoras/es socioculturais

03 Xuño 2022


O Concello de Boiro convocou un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego temporal de animadores/as socioculturais. O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os nomeamentos realizaranse como funcionario/a interino.

As persoas candidatas a este proceso teñen que cumprir unha serie de requisitos esixíbeis para o acceso ao emprego público como ter a nacionalidade española, ter cumpridos os 16 anos, non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo, non atoparse incurso en causas de incompatibilidade e non ter sido despedido mediante expediente disciplinario.

Ademais, as persoas interesadas en formar parte deste proceso deben estar en posesión do título de Técnico Superior en Animación Sociocultural ou equivalente.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases da convocatoria, que se poden consultar na web municipal do Concello de Boiro, www.boiro.gal. O prazo de presentación de solicitudes abre o vindeiro luns e será de 5 días hábiles. A documentación debe presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...