Collen impulso en Boiro os novos Encontros en Lab Barbanza – Experiencias Boviño

08 Xuño 2026

En Boiro están collendo corpo estes días os Encontros en Lab Barbanza/ Experiencias Boviño, impulsados polo hostaleiro local e dinamizador cultural Suso Santamaría, que rexenta a histórica sala A Pousada da Galiza Imaxinaria.

A cita, que se vai presentar nos seus detalles este mércores 10 de xuño no Consistorio ás 13.00 horas, será a nova edición dun punto de reunión de profesionais da hostalería e o turismo que xira arredor do viño de quilómetro cero e ás IXP da Coruña (Terras de Barbanza e Iria e Terra de Betanzos).

Celebrarase o 15 de xuño no Lab Barbanza e estará coordinada, moderada e dirixida polo presidente da asociación de sumilleres galegos (AGASU) Juanjo Figueroa Treus, organizada polo Concello de Boiro e financiada pola Deputación da Coruña.

Contará cun aforo máximo de 100 persoas e dará comezo ás 10.30 horas coa recepción e a benvida, estando programada a apertura institucional para as 11.00 horas, para logo dar paso á charla Do mar á terra e da terra á mesa: Innovación biotecnolóxica para a viticultura a cargo de Elena Fontán, responsábel de Orixe Salgada, proxecto incubado no Viveiro de empresas do Lab Barbanza.

Logo haberá unha presentación de adegas con catas de viños e en formato storytelling (presentación da adega, a súa historia, filosofía e viños).

Ás 13.15 está prevista a presentación do segundo grupo de adegas e cata dos seus viños e ás 14.30 comezará o relatorio Como e por que potenciar, apoiar e comercializar o viño Km 0, a cargo de Fernando Mayoral, nomeado Mellor Sumiller de España 2024. Logo do networking e a maridaxe prevista para as 15.00 h (con degustación conxunta de todos os viños participantes e cunha escolma de produtos gastronómicos de proximidade do territorio) será a quenda das conclusións da xornada e clausura oficial.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.