Máis de 20 persoas asistiron na ABE a unha nova xornada sobre as oportunidades empresariais no rural

01 Xuño 2022

A ABE acolleu esta semana unha nova edición das súas Xornadas Inspiradoras, baixo o lema Hai futuro! Novas oportunidades para a empresa rural. Participaron unhas vinte persoas traballadoras autónomas. Veu da man de APE Galicia en colaboración coa Xunta, a Asociación Boirense de Empresarios e o IGAPE. O obxectivo foi potenciar os negocios o rural e achegar claves sobre como poñelos en marcha e facelos medrar, amais de amosar nichos de actividade e oportunidades de financiamento. No evento participaron o presidente da ABE, Daniel García, o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, e o a subdirectora da Oficina Galicia Emprende, IGAPE, Fany Suárez.

Eduardo García Erquiaga, director de Galicia Business School, foi o encargado de impartir o relatorio no que analizou a situación das persoas traballadoras autónomas das zonas rurais e afondou nas técnicas para mellorar o seu desenvolvemento profesional e avanzar nos seus proxectos. O director de Galicia Business School explicou cales son as fortalezas do rural, as novas oportunidades que existen e as técnicas para efectuar unha dixitalización efectiva. Pola súa banda, a subdirectora da Oficina Galicia Emprende, IGAPE, Fany Suárez, tamén informou acerca das liñas de actuación e de apoio que ten en marcha a Xunta de Galicia.

En xeral, o obxectivo destas xornadas formativas é “inspirar ás persoas autónomas das zonas rurais, animar a emprender, consolidar e repensar o negocio en áreas non urbanas, destacar as fortalezas que ten a empresa nesta zona, e detectar novas oportunidades que chegan da man dos cambios tecnolóxicos e dos cambios nos valores dos clientes”. Ademais, esta iniciativa ofrece información sobre o emprendemento, a mellora no desenvolvemento profesional, a consolidación dos proxectos e a reinvención dos negocios.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.