O Concello e Cruz Vermella de Boiro imparten cursos de galego para persoas migrantes


O Concello de Boiro e Cruz Vermella levan a cabo un curso de galego para persoas migrantes. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Normalización Lingüística, Dores Torrado; e a presidenta da agrupación, Rosa Abuín, acompañaron na mañá deste xoves 26 de maio ás persoas participantes.

Esta actividade que desenvolve Cruz Vermella ten como obxectivo levar o galego e o colectivo de persoas migrantes do municipio para favorecer a integración social, económica ou cultural e tamén para favorecer o uso da lingua no municipio. Estas persoas xa estaban a recibir clases de castelán pero agora dáse un paso máis alá para formalas tamén en galego.

O alcalde e a concelleira animaron ás persoas participantes a aproveitar esta oportunidade e seguirse formando para familiarizarse co idioma e favorecer a súa integración social e tamén económica.