Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

09 Outubro 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e do sector agroalimentario galego.

O encontro, celebrado no salón de actos da ABE, forma parte de Xeografía Empresarial: ruta para o futuro de Galicia, unha iniciativa que percorre diferentes territorios da comunidade para coñecer de primeira man as realidades empresariais que están a marcar o presente e o futuro da economía galega.

Nesta terceira edición, o foco situouse en Boiro e nun dos principais motores económicos do territorio: a actividade conserveira e agroindustrial. Un ecosistema empresarial que conecta a industria co sector primario, sostén cadeas de valor complexas e proxecta a produción galega cara a mercados nacionais e internacionais.

Ao longo do encontro analizáronse algúns dos principais retos aos que se enfronta este tecido produtivo, nun contexto marcado pola presión sobre os custos, as novas esixencias regulamentarias e a evolución dos mercados. A eficiencia operativa, a transformación e diversificación produtiva, a cooperación co sector primario e o acceso aos mercados internacionais centraron boa parte do debate.

O presidente da ABE, Daniel García Dosil

A apertura da xornada contou coa participación de Daniel García Dosil, presidente da Asociación Boirense de Empresas; Sara Rodríguez, presidenta de Hermasa e membro da Xunta Directiva do Círculo de Empresarios de Galicia; e Norberto Penedo, director da Área de Competitividade do IGAPE.

A parte central do encontro foi unha conversa entre Ángel Martínez Martelo, director xeral de JEALSA-Escurís, e Elena Fontán, fundadora e CEO de Orixe Salgada.

Os dous relatores compartiron a súa experiencia e visión sobre a evolución dos seus proxectos, os retos actuais da actividade industrial e as oportunidades que ofrece a transformación empresarial, achegando perspectivas diferentes sobre a capacidade de adaptación das empresas e a súa contribución ao desenvolvemento do territorio.

O formato almorzo permitiu ademais xerar un espazo máis próximo para o intercambio de experiencias e o contacto entre as empresas participantes, favorecendo o diálogo e a creación de novas conexións dentro do tecido empresarial local.

Para Daniel García Dosil, presidente da ABE, “é importante que desde Boiro sexamos capaces de falar tamén de empresa, industria e competitividade desde unha perspectiva de futuro, poñendo en común experiencias e coñecementos de persoas que están a liderar proxectos empresariais diferentes”.

A elevada participación, con 50 empresas e aforo completo, evidencia o interese do tecido empresarial por abordar cuestións relacionadas coa competitividade, a transformación e o futuro da actividade económica desde unha perspectiva práctica e vinculada á realidade do territorio.

Outros artigos

Venres 9 con sol e ambiente agradable baixo a influencia anticiclónica

A influencia das altas presións marcará a xornada deste venres 9, San Dionisio, garantindo un tempo seco e moi estable na contorna de Santiago de Compostela e nas Rías Baixas. Nas Rías Baixas, a xornada caracterizarase polos ceos despexados desde primeiras horas, con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Adiviña Número Dous” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Dous” – Tonio Nóvoa

Adiviña nº 2, escultura de May Lucas ADIVIÑA NÚMERO DOUS . . adiviña adiviña, . o que será que vén sendo é? . . é unha sobrante . desbotada entre a compra dun billete barato . e a publicación dunha historia . que caduca . á hora da seguinte historia. . . é un rañolas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.