Proseguiron en Bealo os encontros veciñais do Concello de Boiro (Un café co alcalde)

09 Outubro 2026

O alcalde, José Ramón Romero, e mais membros do Goberno local, visitaron este xoves 8 de outubro a parroquia de Bealo no marco dos encontros veciñais Un café co alcalde para dar conta dos traballos realizados dende a última xuntanza e escoitar as demandas da veciñanza.

Estes encontros teñen como finalidade ter un contacto máis directo coa cidadanía e dar a oportunidade aos veciños e veciñas de que trasladen as súas peticións e demandas sen necesidade de ter que desprazarse ao Concello. Estas xuntanzas pretenden servir como complemento das xuntanzas veciñais que o alcalde e demais concelleiros e concelleiras manteñen semanalmente de xeito individual.

O próximo encontro será na parroquia de Abanqueiro, no Centro Social, o vindeiro xoves 15 de outubro ás 20.00 horas.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Adiviña Número Dous” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Dous” – Tonio Nóvoa

Adiviña nº 2, escultura de May Lucas ADIVIÑA NÚMERO DOUS . . adiviña adiviña, . o que será que vén sendo é? . . é unha sobrante . desbotada entre a compra dun billete barato . e a publicación dunha historia . que caduca . á hora da seguinte historia. . . é un rañolas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.