O pazo de Goiáns reúne a case un cento de persoas con adegueiros e institucións para celebrar os viños da IXP Barbanza e Iria

Durante todo o día tivo lugar lugar, no Pazo de Goiáns (Boiro), o terceiro Túnel do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Galicia, na que foi protagonista a IXP Barbanza-Iria. Institucións, adegueiros, profesionais da hostalería e público xeral brindaron polos viños das IXP de Galicia, viños de calidade e comprometidos coa preservación do patrimonio cultural e vitivinícola.

O túnel inaugurouse coa lectura dunha declaración institucional a través da que se busca o compromiso das entidades locais cos viños das Indicacións Xeográficas Protexidas para a promoción dos seus viños, o fomento do seu consumo e o reforzo do sector vitícola no territorio. Esta declaración contou co apoio dos Concellos de Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Dodro, ValgaPontecesuresCatoiraPortasRibadumiaRibeira e outros concellos que forman parte da IXP Barbanza-Iria e comarcas limítrofes, así como adegueiros de toda Galicia, o presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, a presidenta da asociación Ambar, e representantes dos Grupos de Desenvolvemento Rural Deloa Salnés-Ulla-Umia, así como dos outros GDR que participan no proxecto.

Pola tarde, no Túnel do viño, case un cento de persoas tanto do sector da hostalaría como público xeral puideron coñecer e probar viños das catro Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia, a través de catas comentadas polo sumiller Martiño Santos Canosa, que puxo o foco nas potencialidades dos viños das IXP para como complemento dunha oferta gastronómica actual, así como a singularidade das diferentes marcas que se comercializan baixo cada unha das Indicacións, que nos permiten coñecer novas variedades de uvas.