Volven a Boiro os campamentos municipais de verán cunha cifra aumentada de 205 prazas

27 Maio 2022

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Educación, confirmou que vai organizar un ano máis o Campamento Concilia de Verán, que ten como finalidade facilitar a vida das familias en tempo de vacacións e garantir o lecer para a rapazada e o desenvolvemento da actividade laboral para as nais e os pais. O prazo de presentación de solicitudes abrirá o vindeiro día 1 de xuño. As bases e información poden consultarse na web municipal.

O Concello explicou que nesta edición postCOVID do campamento ampliaranse as prazas dispoñíbeis a 205. Estarán repartidas do seguinte xeito: 150 no CEIP Santa Baia, 30 no CEIP de Abanqueiro, e 25 no Centro Social de Cabo de Cruz. O horario do campamento será de 8.00 a 14.00 horas ou de 10.00 a 14.00 horas e celebrarase entre os día 4 de xullo e 30 de agosto de 2022.

Unha imaxe dos campamentos celebrados en Boiro no verán de 2021

O prezo do campamento de verán será de 100 euros por mes para o horario de 8.00 a 14.00 horas e de 90 euros por mes para o horario de 10.00 a 14.00 horas.

Amais, haberá desconto do 50% para dous ou máis irmáns e de 80% para persoas en exclusión social.

O Concello engade que “para participar no campamento primarase a orde de entrada no rexistro, aquelas persoas que asistan os dous meses, o empadroamento en Boiro e a ocupación laboral dos proxenitores ou titores legais, xustificábel con copia do contrato laboral ou certificado de empresa onde se especifique a xornada laboral”.

O prazo de inscrición abrirá o vindeiro mércores día 1 de xuño e as inscricións deben facerse a través do Rexistro Xeral ou da sede electrónica do Concello de Boiro durante un prazo de 10 días naturais.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.