En Ribeira un control policial sáldase con dous conductores denunciados

03 Xuño 2022

A Policía Local de Ribeira, en colaboración co Corpo Nacional de Policía levou a cabo un control preventivo de alcol e drogas na madrugada do xoves ó venres.
Os axentes situáronse na Avenida do Malecón, á altura da estación de autobuses. O control deu comezo contra a 01.45 da madrugada e rematou ás 3.00 horas. Durante ese tempo foron denunciados dous
condutores. A un deles tramitóuselle unha sanción administrativa e, ó outro, os axentes instruíronlle dilixencias xudiciais por un posible delito contra a seguridade vial.
O seu vehículo quedou inmobilizado xa que o individuo denunciado non avisou a un condutor apto para que se fixese cargo do mesmo.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.