“O Barbanza” supera en outubro as 55.200 visitas e os 31.000 visitantes únicos

01 Novembro 2020

O mes de outubro foi record no noso diario dixital. Nacido o 17 de maio do 2019 “O Barbanza” segue unha curva crecente de usuarios.

Así o mes que acaba de rematar chegamos ós 31.073 usuarios distintos o que nos converte no segundo medio de comunicación da comarca.

O número de visitas chega ás 55.208 durante o mes, cunha media/día de 1.781. O número de páxinas vistas por xornada chega a unha media/día de 5.534 impactos o que fai que no mes cheguemos ós 157.590. Neste mes de outubro acadamos 1.042.993 descargas de novas.

“O Barbanza” conta con lectores de 120 países, aínda que loxicamente a maioría proceden de España seguido de Estados Unidos, Francia, Alemania, Romanía, China, Canadá, Irlanda, India e Gran Bretaña. Dos países latinos os lectores proceden de Brasil, Arxentina, Perú, Uruguai e Venezuela, países con presenza galega e española. (datos control Google Analytics e Jetpack).

As nosas redes sociais siguen crecendo e así facebook supera os 1.200 siareiros e sigue subindo cada día. Sobre a nosa edición impresa chegou o número 14 e con 7.000 exemplares de distribución gratuíta inunda toda a comarca repartíndose en Rianxo, Boiro, A Pobra, Ribeira, O Son, Dodro e proximamente estará en Noia, Lousame e tamén en Serra de Outes e Muros. Da nosa versión en pdf descarganse unha media cercana ás mil copias nas nosas versións para pc, móbil e tablets.

Invitarvos a seguirnos e a que nos dedes a coñecer e apoiarnos e lembrar que contamos cun email lectores@obarbanza.gal e o whatApp 608 24 01 60 a onde podedes mandarnos informacións críticas e comentarios, por certo a nosa sección de opinión, á que vos invitamos a participar está a ter unha magnífica acollida que nos sorprendeu gratamente, aínda que era de esperar dada as frmas habituais que nos acompañan e que situan os artigos engre o mais leído do diario dixital.

O mais leído en outubro:

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.